Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

Re: A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 3
Tal e coma Óscar dixo "Si los toros son arte, el canibalismo es gastronomía". Na miña opinión o toreo podería considerarse arte, sen embargo arte non é un térmo que implique que sexa bo. É unha arte que na miña opinión debería estar prohibida xa que a realización de obras de arte non xustifica, ao meu parecer, de ningún xeito o maltrato animal. Non quero que se me malinterprete, a tauromaquia paréceme unha brutalidade e unha práctica inhumana.

Volvendo á cita de Óscar, o canibalismo, no sentido estricto, tamén pode ser gastronomía. Forma parte, sobre todo o canibalismo post-mortem, de moitas culturas actuais e é parte da súa gastronomía; pero é tamén algo repulsivo.

A modo de conclusión: eu podería entender que se considerase arte a tauromaquia ou incluso a guerra, o que non entendo de ningún xeito é que baixo ese termo se escuden asasinos (no caso da guerra) e maltratadores de animais. O feito de que algo sexa artístico non significa que sexa positivo e pode ser cruel e é a sociedade quen debe rematar con estas prácticas. Toda arte que faga baseándose en torturas e mortes debería estar pechada, prohibida a súa práctica e enterrados os seus segredos.