Retomo as palabras de Benito:
"O feito de que algo sexa artístico non significa que sexa positivo e pode ser cruel e é a sociedade quen debe rematar con estas prácticas."
Como xa comentamos na clase hai dúas posicións (puras, pero caben outras intermedias) respecto a arte, a tendencia formalista e por outra banda o moralismo.
O formalismo non vai a atender a consideracións morais, valores positivos para a convivencia ou similares, só se centrará na realización formal dunha obra: perfección da técnica, orixinalidade no sentido de exploración de novas formas ou estructuras, harmonía, simplicidade, control do espazo ou do tempo, extracción de todas as posibilidades do materiais ....
O moralismo esixe que a obra non supere certos límites do que é considerado moralmente bo na sociedade, e se é quen de actuar como modelo a seguir para os receptores tanto mellor. Neste sentido o contido do produto artístico, o tema tratado, os obxectos (animais, por exemplo) sobre os que se realiza a acción, deben ser tidos en conta para avaliar unha obra de arte.
Aquí tedes un pequeno artigo sobre censura e arte. E isto sobre arte bestial.
Por certo, para que non haxa equívocos, non intento defender as touradas.