Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Considerades arte as tatuaxes?

Considerades arte as tatuaxes?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 9

Gustaríame poñer na miña casilla este mundillo da tatuaxe, pero antes agradecería saber que opinades. Quero aclarar de antemán que ao falar de tatuaxes non inclúo as opinións de se está ben ou non tatuar o corpo, senon que me refiro á técnica en sí. Tamén quero engadir que non falo unicamente das tatuaxes modernas, senon tamén ás de civilizacións que seguen realizando estos traballos tan minuciosos como símbolo da súa cultura.

Teño comprobado (non me perdo moitos capítulos de Miami Ink) as verdadeiras marabillas que poden chegan a facer os tatuadores e o que disfrutan co seu traballo. A xente chega as veces cunha idea, pero eles a modifican, a adaptan á zona do corpo e a plasman sobre a pel. As sombras é das cousas que máis me impresionan e permítenche ficar cunha composición case da mesma calidade cá dunha fotografía en calquera parte do corpo.

As tatuaxes comezaron sendo un traballo de mulleres, doloroso e usado para demostrar valentía e confirmar a madurez. A tatuaxe na Polinesia foi moi coñecida polos seus deseños xeométricos que cubrían o corpo enteiro do individuo. Usáronse como castigo e tamén para prácticas relixiosas e máxicas. Na actualidade forman parte da vida de moitas persoas, ás que lles gusta expresar os seus sentimentos e gustos a través delas, ou ben como algo cultural nalgunhas tribus.

Outro exemplo son as tatuaxes de henna (planta) realizadas xeralmente nas mans e nos pés, non son duradeiras e practícanse principalmente en Marrocos. Por se non sabedes o que son, engado unha foto a continuación.

Anexo henna.jpg
Re: Considerades arte as tatuaxes? por Usuario eliminado -