Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

Re: A guerra non é arte.¿E que hai sobre o maltrato animal?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Se a tauromaquia é facer arte, facer sufrir a un animal ou calquer ser vivo, demostraría a pouca moral e civismo da nosa sociedade.

Existen multitude de argumentos a favor ou encontra, máis non vou numeralos agora pois claramente os argumentos en contra son máis fortes, únicamente gustaríame por o exemplo, de que maltratar a un can se che ve unha persoa e denúnciate póñente unha multa ou incluso cárcere se acabas coa vida do animal, en cambio un toureiro non; un toureiro ten "arte", parvadas...

Únicamente como xa se citou a tauromauquia levaría o termo de "arte" consigo no ámbito de hablidade; unha habilidade que non dexeso poseer xamais. Pero que desgraciadamente a moita xente gusta.

Finalmente gustaríame referirme por se sae despois , o termo (comentado xa noutro tema) proposto xa por Aristóteles que a función da arte é a catarsis , un método polo que liberar as tensións, unha válvula de escape. Isto desde o meu punto de vista (ollo, ligado os toros) podería ser factible para sociedades de fai 1000 anos máis na sociedade do desenrolo social e do civismo, temos moitísimas formas de catarsis que no implican o maltrato animal.