Section outline
-
Contidos vistos na primeira xornada (14 de setembro de 2023):
- Estivemos repasando como crear unha materia nova.
- Como crear os grupos e agrupamentos para introducir restriccións de acceso nas actividades que fagamos
- Como descargar os contidos dos libros dixitais.
- Como modificar o contido na editorial Aula Planeta a través do editor de actividades e recursos.
- Repasamos as utilidades que temos en "O meu escritorio": refrescar credenciais, configurar o perfil de usuario, o uso do eva offline e a utilidade do calendario.
- Como crear unha etiqueta
- Como crear novos bloques no lado dereito da interfaz e en concreto a utilidade da "bolsa de recursos".
Contidos vistos na segunda xornada ( 21 de setembro de 2023):Alba Fuentes explicou como se configura a avaliación na plataforma de EDIXGAL. Esta función permite asignar a cada avaliación as tarefas e cuestionarios que fagamos co alumnado, dándolle un valor aos mesmos items que temos na programación ( probas, tarefas de clase, caderno de clase....).
Contidos vistos na terceira xornada ( 28 de setembro de 2023):
Nesta xornada vimos:
- Como configurar as rúbricas que van asociadas as tarefas e a súa avaliación.
- Como crear cuestionarios en Edixgal.
- Como crear restriccións de acceso ás tarefas.
-
A profesora Alba Fuentes indicou na primeira xornada a utilidade da "bolsa de recursos".
A posibilidade de pasar ficheiros con contidos, actividades, ligazóns duns cursos a outros dentro da plataforma, que antes era a través da creación dunha copia de seguridade, agora está máis simplificado a través deste recurso.
Alba cedeunos, xenerosamente, un arquivo onde se explica como hai que facer.
-
A profesora Alba Fuentes explica novidades para facer máis interactivo o libro de Smart Netex




