Termos bloque III
Vocabulario Bloque III
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
C |
|---|
G |
|---|
Grande ArmadaFlota creada por Filipe II en 1588 co obxecto desembarcar en Inglaterra e destronar á protestante Isabel II. Constituída por 130 navíos e 25.000 homes partiu de Lisboa baixo o mando do inexperto duque de Medina Sidonia coa intención de recoller en Flandres ás tropas de Alexandre Farnesio coas que se pretendía invadir Inglaterra. Sen embargo, ao chegar ao Canal da Mancha, os temporais e os ataques dos corsarios ingleses provocaron numerosos afundimentos. A frota emprendeu a volta rodeando as Illas Británicas polo norte. Só 66 buques e 10.000 tripulantes retornaron aos portos peninsulares. Tras a derrota, a propaganda inglesa cualificouna retranqueiramente de Armada Invencible. | |
M |
|---|
MouriscosDenominación dos musulmáns obrigados a converterse ao cristianismo polas disposicións reais, dende 1502 na Coroa de Castela e dende 1526 na de Aragón. Moitos deles seguiron mantendo a lingua árabe e as súas vestimentas e costumes. Eran acusados polos cristiáns vellos de manter relacións con otománs e berberiscos e de practicar en privado a súa antiga fe. Tras a revolta das Alpujarras (1568-1571), a maioría dos mouriscos granadinos foron deportados por orde de Felipe II. En 1609, Felipe III ordenou a expulsión completa dos mouriscos, medida que afectou sobre todo aos reinos Aragón e Valencia, onde representaban respectivamente un sexto e un terzo da poboación total. | |
T |
|---|
TerzosUnidades de infantería formadas por soldados profesionais, voluntarios ou de recrutamento, que constituíron o núcleo permanente dos exércitos dos Habsburgo españois durante os séculos XVI e XVII. Cada terzo estaba constituído por varias compañías provistas dunha combinación de armas brancas (espadas e, sobre todo, picas) e de fogo (arcabuces, mosquetes). Distribuíanse polos distintos reinos da Monarquía Hispánica, destacando polo seu número os Terzos de Flandres. Aínda que foron creados oficialmente por Carlos I en 1534, os seus antecedentes encóntranse nas reformas militares dos Reis Católicos e o cardeal Cisneros. | |
U |
|---|
Unión de ArmasProxecto político presentado en 1625 polo conde-duque de Olivares, valido de Filipe IV, que pretendía un reparto dos custos económicos e humanos da política real, que ata o daquela recaeran nunha Castela xa exhausta e empobrecida. Cumpría igualar, polo tanto, a presión fiscal e a achega militar soportada por Castela ás do resto dos territorios da monarquía. A proposta de Olivares concretábase na creación dun exército de reserva permanente formado por 140.000 homes achegados por cada reino da monarquía en función da súa poboación e riqueza. Era evidente que supuña un primeiro paso para unificar politicamente a monarquía, suprimindo as peculiaridades forais e institucionais dos diferentes territorios.
A aplicación deste programa, uniformizador e centralista, provocou o frontal rexeitamento dos restantes reinos da monarquía, singularmente de Cataluña e Portugal, onde conduciría ás rebelións de 1640. | |
V |
|---|
ValidoPersoa da confianza persoal do monarca ao que este outorgaba a dirección do goberno do reino. A figura do valido ou privado xeneralizouse nas monarquías europeas
durante o século XVII (Richelieu na Francia de Luís XIII, Buckingham na Inglaterra de Xacobe II). Os validos españois (os duques de Lerma e Uceda con Filipe III; o conde-duque de Olivares e Luis de Haro con Filipe IV; Nithard, Xoán Xosé de Austria, Valenzuela e o conde de Oropesa con Carlos II) trataron de impoñer os seus desexos e a vontade real sobre unha maquinaria administrativa cada vez máis complexa. Grazas á súa intimidade co monarca, lograron manipular o reparto de mercedes reais para promover á lealdade e o servizo á Coroa mentres fomentaba os seus intereses persoais e os da súa familia e clientela. Non estraña que fosen acusados polos seus rivais de usurpar o poder real | |
X |
|---|
Xuntas do Reino de GaliciaInstitución representativa do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime. As súas orixes remóntanse ao movemento irmandiño e ás reformas dos Reis Católicos (xuntas xerais da Irmandade). Ao longo do século XVI foise formalizando o súa composición e funcionamento. Estaban constituídas polos delegados (procuradores) das sete cidades capitais (A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Santiago de Compostela, Tui e Ourense) en representación das súas respectivas provincias. Un deles, o Deputado Xeral de Galicia, exercía a representación exterior das Xuntas. Sen ser un órgano de goberno, as Xuntas serviron de intermediarios entre a Coroa e o Reino. Xeralmente eran convocadas polo monarca e presididas polo capitán xeral. Participaron no reparto da carga fiscal e das levas militares e podían presentar, en representación do reino, queixas e peticións a El-Rei, que non sempre eran atendidas. Non obstante, en 1622 conseguiron que o Reino obtivese o voto nas Cortes de Castela, representación que ata o daquela recaía na cidade de Zamora.
Desapareceron, como o propio Reino, en 1834 a raíz das reformas administrativas liberais. | |