O noso instituto vén de renovar a súa imaxe corporativa co deseño dun novo logotipo.
Téntase poñer en valor os elementos arquitectónicos característicos do noso centro e foi escollido polo persoal docente e non docente entre as propostas elaboradas polo Departamento de artes plásticas e enriquecidas coas suxestións do resto do persoal.
