PROA+ (Programa para a Orientación, o Avance e o Enriquecemento Educativo) é un programa de apoio educativo dirixido a mellorar o éxito escolar, favorecer a inclusión e reducir o abandono temperán do alumnado, mediante actuacións de reforzo, acompañamento e orientación educativa.
Neste apartado recóllese a información relacionada co desenvolvemento do programa PROA+ no centro, así como as actuacións, actividades e recursos vinculados a este programa.
Programa PROA+ (curso 2025-2026)
Durante o curso académico 2025-2026, o centro participa no Programa PROA+, contando coa asignación dun docente da especialidade de Matemáticas a media xornada, que desenvolverá actuacións de reforzo educativo dirixidas ao alumnado beneficiario.
Estas actuacións teñen como obxectivo ofrecer unha atención persoal e individualizada, contribuíndo á mellora do aproveitamento académico e ao fomento dunha actitude positiva cara ás aprendizaxes.