Benvida

No IES Muralla Romana (anteriormente coñecido como IES A Piringalla), ofrecemos unha formación completa e adaptada ás necesidades actuais en Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional en Grao Básico, Medio e Superior, con opcións de especialización. Situado no barrio da Piringalla, ao norte de Lugo, o noso centro destaca pola súa innovación educativa e un ambiente accesible e aberto para toda a comunidade educativa.

Fundado en 1982 como centro de Formación Profesional, o IES Muralla Romana iniciou a súa andaina no edificio que actualmente ocupan os xulgados de Lugo, no centro da cidade. No curso 1985-1986, o centro trasladouse ao edificio actual, situado no barrio da Piringalla, onde se realizaron varias reformas e ampliacións ao longo dos anos para responder ao crecemento das demandas educativas. Estas melloras permitiron a creación de aulas especializadas, como talleres para Imaxe Persoal e aulas de informática, adaptadas ás necesidades formativas das diferentes especialidades que ofertamos.

A procedencia do noso alumnado é variada. A maior parte do noso alumnado non provén directamente do barrio de A Piringalla, senón que chega a nós de outras zonas da cidade de Lugo e arredores. No caso da ESO, recibimos estudantes principalmente dos colexios Albeiros e Paradai, que son os centros adscritos ao noso instituto. En Bacharelato, a maioría do noso alumnado procede do propio IES Muralla Romana, xa que moitos optan por continuar os seus estudos tras finalizar a ESO no centro. Pola súa parte, a Formación Profesional atrae a estudantes de toda a cidade e localidades próximas.

O centro ofrece tres familias profesionais nas que o alumnado pode formarse:

  • Administración e xestión
  • Informática e comunicacións
  • Imaxe persoal

As nosas aulas especializadas son un dos principais recursos que permiten ao alumnado recibir unha formación práctica e de calidade. Os talleres de Imaxe Persoal están equipados cos mellores recursos para garantir que as persoas estudantes adquiran as competencias necesarias neste campo. Tamén contamos con aulas de informática modernas e ben equipadas, ideais para a formación no ámbito das novas tecnoloxías, que son unha parte fundamental dos nosos ciclos.

O centro está situado nun contorno tranquilo e en crecemento, cun ambiente residencial accesible para as familias. O barrio da Piringalla conta con diversos servizos como o Pavillón Polideportivo Municipal, a Casa das Linguas e unha Escola Infantil, que enriquecen a vida social e educativa da zona. Ademais, a proximidade ao Castro da Piringalla, un importante xacemento arqueolóxico, permite ao alumnado conectar coa historia local.

A través desta páxina web, queremos compartir os nosos proxectos, logros e novidades, mantendo á comunidade educativa informada e conectada co desenvolvemento do IES Muralla Romana. Un centro en constante evolución, que se adapta ás novas demandas sociais e educativas.