Titorías

Horarios de atención ás familias

Neste espazo publicaranse os horarios que teñen dispoñibles os/as titores/as para atender ás familias.

Esta atención está dirixida a pais, nais, persoas titoras legais ou, no caso de alumnado maior de idade, ao propio estudante.

Recoméndase solicitar cita previa, preferiblemente a través da plataforma Abalar, para garantir unha atención personalizada e evitar esperas innecesarias. A maioría do profesorado titor acepta solicitudes por este medio.

Agradecemos a colaboración de todas as persoas implicadas para un bo funcionamento deste servizo.