Reporteiros lembra a Celso Emilio Ferreiro.
Foi un dos grandes escritores en lingua galega, que conseguiu converter libros como Longa noite de pedra en referencias da nosa literatura. Entre as súas múltiples facetas, o programa debulla a súa figura política, como poeta comprometido coa esquerda e co galeguismo e cunha mensaxe que para moitos está hoxe máis vixente ca nunca.