Section outline

  • Comezamos a ver a prosa do primeiro terzo do XX, en primeiro lugar revisamos o contexto e a continuación procedemos a repasar as características da Xeración Nós. Traballamos coa obra de Vicente Risco e Otero Pedrayo, Castelao e Rafael Dieste.

    Léronse varios textos dos autores e realizáronse as actividades 3 (páx. 167) e 6 (páx. 168), 7 e 9 (páx. 169).

    Como sempre, coloco embaixo ligazóns para aulas invertidas ou para que poidades repasar ou afondar nalgunha das figuras.

    • Este é un dos vídeos dunha serie de 6 sobre Vicente Risco, unha das persoas que fundaron a nosa lingua e cultura modernas. Con este repositorio preténdese dar unha visión renovada e rigorosa no contido e na forma da súa figura, para chegar a un público amplo, non erudito, e, sobre todo, para que sirva de ferramenta pedagóxica. Os 6 vídeos, sumados, forman unha peza completa que versa sobre as distintas facetas do intelectual: artista, divulgador, etnógrafo, mestre, místico, literato, xornalista, pensador e teórico político. A serie documental conta co asesoramento da Fundación Vicente Risco. 

      Iniciativa de Tecnología Gallega y Comunicación SL realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.