
O alumnado traballará as competencias transversais realizando proxectos desde a súa fase inicial (concepción e idea, planificación e diseño) ata a fase final de presentación e exposición, cunha perspectiva de colaboración, reforzo da autoestima, autonomía e responsabilidade.
- Profesor/a: Cristina Ferro

Neste curso os estudantes adquirirán as competencias clave necesarias para afrontar situacións da vida real, fomentando a creatividade e o traballo cooperativo.
- Profesor/a: Cristina Ferro

A asignatura de Cultura Clásica en 4 ºESO, ten como finalidade facilitar ao alumnado unha visión inicial e global das civilizacións grega e romana nos ámbitos literario, artístico, filosófico, científico e lingüístico, para que, a partir do seu estudo , tome conciencia da pervivencia e actualidade dos mesmos, na cultura occidental .O alumnado iniciarase nun exercicio de reflexión e análise crítico do seu entorno sociocultural e lingüístico.
- Profesor/a: Cristina Ferro

Griego II é unha ventá ao pasado, mediante a cal o alumnado poderá observar a vida e a cultura dos antigos gregos, base da civilización occidental. Ademais, coñecerá a súa lingua de primeira man.
- Profesor/a: Cristina Ferro

A materia de Latín ten como eixo principal o estudo da lingua latina e a tradución de textos .O coñecemento dun idioma e a lectura dos seus textos é o instrumento idóneo para afondar nunha civilización calquera, e moi especialmente na romana, da que aínda somos debedores en tantos campos (e, entre os máis importantes, o idioma e a literatura).
- Profesor/a: Cristina Ferro

latín II é unha materia troncal de modalidade que ten unha grande importancia para o alumnado que a cursa, xa que puntúa tanto na parte xeral como na específica das probas de PAU. Esta é a razón pola que no deseño desta programación tÍvose moito en conta tanto os contidos como os criterios de avaliación establecidos polo Grupo de Traballo de Latín da CiUG.
- Profesor/a: Cristina Ferro
