3ª AVALIACIÓN
Section outline
-
BLOQUE DOS AUTORES COMPETENCIAIS PARA ESTE CURSO: 25-26: PODE SER CALQUERA DOS AUTORES
-
Coma sempre só se corrixirán en formato pdf e en prazo. De Nietzsche hai dous textos (desenvolver un e entregar un esquema do outro), de Ortega só hai un, de Zambrano tamén só un: entregar os dous desenvoltos. Ademáis hai textos competenciais que podedes entregar: curtos: unhas 20 liñas pero aplicando os contidos dos autores ao mundo actual: Guerra de Irán, por exemplo. Nada de "copia e pega", tampouco ningunha intelixencia artificial (hai que citar entre comiñas as frases dos textos e explicalas coa teoría: isto non o fai a intelixencia artificial). Os comentarios poden ter erros, incluso eu diría que "deben" ter erros, porque esta é a única maneira de aprender: aprender significa aprender dos erros. Non me fagades perder o tempo copiando e pegando!
-
Os conceptos clave da terminoloxía de Arendt están subliñados. E as ideas fundamentais están en negriña. A autora do artigo cita a Ana Virulés, unha das mellores especialistas en Hannah Arendt. Como traladaríasas reflexións fundamentais de Arendt sobre a "banilidade do mal" á actualidade política mundial (guerra de Irán con Israel e EEUU)? Son as reflexións de Arendt sobre o nazismo aplicables a Palestina, ao Líbano, a Irán, a Trump e a Netanyahu? razoa a resposta.