Section outline
-
Vai aquí a penúltima tarefa do curso, trata contidos traballados ao longo de todo o curso en relación a diferentes cualidades físicas e motrices, así que serve de repaso, reforzo e ampliación.
-
Nesta "montaña de actividade física" ides poder escoller entre exercicios de resistencia, forza/resistencia, equilibrio, flexibilidade, relaxación e retos de coordinación. A idea é que comecedes na base (pé) e vaiades por L1, L2, L3, L4 ata chegar á cima. A tarefa que tedes que completar (data límite de entrega 8 de xuño, tedes máis de 15 días) consiste no seguinte:
1. Un video de entre 2 e 3 minutos (resumide, escollede uns segundos de cada actividade) no que incluádes exercicios de activación (quecemento, cardiovascular), 3 exercicios de brazos, 3 exercicios de pernas, 3 de abdominais (executados por vós, evidentemente), estiramentos e unha relaxación/volta a calma.2. Non poñades os exercicios de forza dun mesmo grupo muscular seguidos (para cumplir o principio de alternancia). Por exemplo, estaría ben: bíceps, glúteos, abdominal, tríceps, cuádriceps, abdominal,....3. Tedes un montón de opcións, así que escollede a que sexa máis do voso gusto ou que se adapten máis ao que queirades mellorar. -
Adxúntovos uns apuntiños, para saber máis.
-
-