Section outline

  • Ola, chic@s!!! Rematan as vacacións, pero non o confinamento, así que termos que seguir traballando a distancia. Moit@s de vós xa contactáchedes conmigo antes das vacacións, así que espero ir seguindo o voso traballo (ata que o confinamento remate, esperemos que pronto!!!); o resto, ide empezando a contactar, se non, como sei que seguides a vosa formación desde casa????

    A miña intención é propoñervos tarefas o máis prácticas posible, dentro das circunstancias, e para iso, hai que poñerlle algo de creatividade, vós e eu tamén. A ver que sae! En principio, imos retomar o que estabamos a ver, o tema da forza, vou intentar darlle un enfoque potenciando a práctica física, para iso pedireivos (xa volo explico máis adiante), que realicedes algún video de exercicios que impliquen o traballo de forza de diferentes grupos musculares. Máis adiante, veremos de enfocar esto cara o ACROSPORT (enlazando forza e flexibilidade). Espero que sirva para que fagades algo de exercicio, tan importante para desestresarnos nestas circunstancias que vivimos.

    Pois o dito, a traballar, e se o pasades ben facéndoo, pois moito mellor, xa me dou por satisfeita.