Section outline

  • Esta semana rematamos con acrosport, temos pendente a tarefa final práctica e o cuestionario de asimilación de contidos o xoves.

    EXEMPLOS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA FINAL PRÁCTICA DE ACROSPORT

    Tedes nos seguintes apartados uns exemplos de como podedes facer o traballo dun xeito sinxelo, aínda que coa colaboración da familia, claro. O importante é moverse, estar activ@s , san@s e se podemos en forma, mellor.

    • Figura de catro ou máis persoas. Comparto con vós este traballo colaborativo coa miña familia, á que lle dou grazas pola súa valiosa axuda.

    • Realzar 3 figuras individuais con encadeamentos entre elas.

      Exemplo da profe.

    • Realizar 2 figuras/pirámides  en parella cun encadeamento.

    • PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS

      Recordade que este xoves, ás 10:30 colgarei aquí na Aula virtual un cuestionario de asimilación de contidos do ACROSPORT. Para facelo ben, deberiades ler os apuntes correspondentes e practicar algún do quizziz que enlacei aquí tamén xa a semana pasada.Estará inactivo antes e despois da hora de realización da proba, de 10: 30 a 11:00 horas. Tedes que poñer ao principio o voso correo electrónico, e ao final do cuestionario, dádelle a enviar.