Section outline

  • Como xa vos anunciei a semana pasada, imos comezar con ACROSPORT. Empezaremos moi pouco a pouco, lendo os apuntes e fixándonos ben, sobre todo, no tema da SEGURIDADE ao realizar as prácticas. comenzaremos con figuras individuais, e logo, se alguén quere colaborar nas vosas casa, intentaremos facer figuras de parellas, tríos, etc. Tamén podemos recurrir ao ACROSPORT VIRTUAL (xa o veremos).

    O acrosport é un deporte no que traballeremos moito a postura corporal, a nosa forza e flexibilidade. Espero que vos guste tanto como a min.

    • Tedes aquí uns apuntes de acrosport, para que vos axuden a saber de que vai e como imos enfocar o traballo desta actividade. Importante, sobre todo o aspecto da SEGURIDADE, INSISTO.

    • Tedes aquí a Tarefa 1 desta semana, nela tedes que completar unha táboa con nove fotos vosas facendo figuras individuais, ademáis dunhas preguntas para responder despois de ler os apuntes.

    • Abrides o PDF, inserides as imaxes, gardades o ficheiro no voso ordenador, e logo entregades a tarefa. 

      Consultádeme se tedes dúbidas.

    • Nesta tarefa tedes que analizar as figuras e completar as dúas cuestións que se piden.