Seguridade e Alta Dispoñibilidade (Javier Taboada)
Section outline
-
-
- Confidencialidade, Integridade, Dispoñibilidade e Non Repudio
- Seguridade Física e Seguridade Lóxica
- Vulnerabilidades, Ameazas e Ataques
-
- Concepto de Seguridade Activa
- Tecnoloxías: Firewalls, IDS/IDPS, SIEM, Antimalware, Actualizacións, Autenticación
- Concepto de Seguridade Pasiva
- Tecnoloxías: Cifrado, Backups, Controis de acceso físico, Segmentación da rede, Políticas de Contrasinais, "hardening" de sistemas (bastión)
- Concepto de Seguridade Activa
-
- Definicións:
- Informe Pericial
- Evidencia Dixital
- Análise Forense
- Metodoloxía e Boas Prácticas
- Plan de Adquisición
- Cadea de Custodia
- Documentación
- Requisitos da evidencia dixital
- Normativa
- Definicións:
-
- Os Sistemas de Xestión da Seguridade da Información
- Auditorías de Seguridade: Fases
- Contrato e información xeral sobre os sistemas. Clasificación da información
- Recoleccion de datos (footprinting, fingerprinting)
- Análise de Vulnerabilidades (Pentesting) e clasificación
- Xeración de informe
- Establecemento de políticas de seguridade
- Plan de Continxencias
-
-
Esta e a plantilla que utiliza debian para a creación dos contedores, e a base sobre a que se crearán con lxc-create
-
Esta configuración corresponde a un container con 2 tarxetas de rede conectadas a dúas pontes (internet-br e lxc) con límites de uso de RAM de de CPU
-
Video de instalación de docker
Es texto, podes cortar e pegar
-
Os principais elementos de Docker
E texto, podes copiar e pegar
-
Una das vantaxes de Docker é a posiblidad de despregar contedores Docker dentro dun sistema LXC. Nesta Práctica debes:
- Crear unha máquina virtual Debian -- "Server01"
- Recorda cambiar o machine-id, o hostname e establecer a súa IP
- Estará conectada a rede ASIR (a do aula)
- Dentro da máquina virtual Debian, crearás o Contedor LXC "Servizos,"
- Este contedor Servizos, estará tamén conectado a rede ASIR (debes preparar unha ponte na VM)
- Dentro de Servizos, instalarás docker e despregarás un docker de apache de xeito que ofreza o seu servizo a rede local ASIR.
Debes entregar un documento con:
- Información do Sistema onde instalas a VM (RAM, Sistema operativo, CPUS, recursos externos necesarios (como templates), sitio onde se almacena o HDD da máquina... )
- Información da VM creada: Hostname, RAM, vCPU, conexións de rede, datos do almacenamento.
- Instrucións para a creacion e configuración da VM
- Instrucións para a creación e configuración do LXC
- Instrucións para o lanzamento do Docker
- Pantallazo no que se visita a páxina inicial do Apache servida polo Docker dende o Host real. (ou dende a máquina dun compañeiro)
NON ABUSES dos pantallazos. Os pantallazos soamente si son relevantes (aportan información).
- Crear unha máquina virtual Debian -- "Server01"
-
Nesta tarefa imos despregar a rede virtual 2ASIR. Esta rede irá incorporando diferentes servizos durante o curso e rematará sendo unha rede segura que ofrece os servizos típicos para unha pequena organizacións.
Nesta práctica:
- A nosa organización se chamará 2asir.com e está dividida en varios departamentos (un departamento por cada un de vos), denominados <nomeusuario>.2asir.com
- A IP da organización será 172.30.0.0/24
- As IP dos departamentos serán 172.30.x.y/24 onde x corresponde ao número do teu equipo (IF3-01, IF3-02...). A rede 172.30.0.0/24 será a DMZ
- Crearás no teu Host un switch openvswitch 2ASIR que conectará cos outros hosts da rede (os dos teus compañeiros) a través da VLAN 100.
- O teu Host non terá conectividade directa con 2ASIR (o interface do switch 2ASIR estará down)
- Despregaremos unha máquina virtual denonominada netservices a partir da plantilla de Debian sen contorno gráfico. Esta máquina terá dúas tarxetas de rede, unha conectada a 2ASIR e outra conectada a rede local (lan).
- Dentro de netservices, crearemos un switch conectado a 2ASIR, outro switch conectado a LAN e un switch <user>_2asir para os departamentos. netservices soamente deberá poder ser accedido dende a rede do departamento e terá como IP 172.30.x.254/24.
- A interface LAN non terá IP si e un bridge e no caso de ser openvswitch estará ademais DOWN. Polo tanto netservices será unha máquina máis de <usuario>.2asir.com
- Crearemos a máquina gateway.<usuario>.2asir.com que será un Debian consola con tres tarxetas de rede. Unha que conecta coa DMZ con IP 172.30.0.x/24, outra que conecta coa rede da organización con IP 172.30.x.1/24 e unha terceira tarxeta conectada a rede LAN 172.20.0.0/16 coa IP 172.20.1xx.1/24 onde xx e o número do voso equipo ocupando dous díxitos. Configuraremos esta máquina para que sirva de gateway entre as redes que desexemos.
- Despregaremos un Docker de Apache dentro de gateway que faga dispoñible a súa páxina web no host no volume webpage e que se poda consultar por calquera das IP de gateway.<usuario>.2asir.com coa url www.<user>.2asir.com
- Despregaremos en netservices un LXC pki-root conectado a rede interna 172.30.xx.0/24 con IP 172.30.xx.100/24
- Despregaremos en netservices un LXC pki-sign conectado a rede interna 172.30.xx.0/24 con IP 172.30.xx.101/24
Resumindo:
- O Host real debe ter 2 switches:
- switch lan que e a IP do host na rede local (172.20.3.xx/16) e que da saida a internet
- switch 2asir que da conectividade a todos os equipos na VLAN 100, e que no caso do host está apagado (o host real non ten conectividade coa VLAN 100)
- Debes crear unha máquina virtual Debian (consola) chamada netservices con dúas interfaces de rede.
- Unha que da conexión a rede lan (172.20.0.0/16)
- Outra que da conexión a rede 2asir (172.30.0.0/24) e ademais sirve para comunicar os equipos dos diferentes "departamentos" (<usuario>.2asir.com)
- Con esas dúas conexións físicas en netservices:
- Debes crear un switch virtual no que poder conectar máquinas virtuais a rede lan. netservices non terá conexión a lan, polo que a interface deste switch non se usa
- Debes crear un switch virtual no que poder comunicar as máquinas da rede 2asir e todas as subredes. netservices ten neste switch a IP 172.30.xx.254/24
- Debes crear outro switch <user>.2asir.com
- Dentro de netservices debes crear un LXC denominado gateway, conectado a LAN (172.20.1xx.1/16), a 2asir (172.30.0.xx/24) e a rede da organización (172.30.xx.1/24). Polo tanto terá 3 tarxetas de rede.
- Dentro de netservices debes crear os LXC denominado pki-root e pki-sign, conectadoa a rede da organización (172.30.xx.100/24 e 172.30.xx.101/24).
- Dentro de gateway, debes instalar docker e despregar un Apache con Docker que faga accesible a súa páxina web no volume webpage, e que se poda consultar a través de calquera das IP de gateway.
TODOS OS EQUIPOS DEBEN TER CONEXIÓN A INTERNET
TODOS OS EQUIPOS SE DEBEN PODER COMUNICAR COS DEMAIS DA MESMA REDE
-
-
Defensa en Profundiade
Tipos de Firewall
Netfilter: nftables e iptables
Windows Firewall

