Análise Forense
- Definicións:
- Informe Pericial
- Evidencia Dixital
- Análise Forense
- Metodoloxía e Boas Prácticas
- Plan de Adquisición
- Cadea de Custodia
- Documentación
- Requisitos da evidencia dixital
- Normativa
1. Conceptos Básicos
Análise Forense: É o proceso de investigación mediante técnicas científicas e analíticas especializadas que permiten identificar, preservar, extraer, analizar e documentar datos válidos (evidencias dixitais) que expliquen determinados sucesos que poderán ser utilizadas en procedementos legais. Inclúe a análise de sistemas informáticos, dispositivos de almacenamento e redes, co obxectivo de reconstruír accións, identificar infraccións ou delitos dixitais.
Informe Pericial: Documento elaborado por un perito en informática forense que detalla o proceso de investigación, describe as evidencias atopadas e presenta as súas conclusións. Este informe é clave no contexto xudicial, xa que serve como proba pericial nun xuízo.
Informática Forense: Rama da informática dedicada á investigación de incidentes relacionados coa ciberseguridade, como ataques, roubos de datos, fraudes ou accesos non autorizados. Inclúe a adquisición, análise e preservación de evidencias para usarse en procedementos legais.
Evidencia Dixital: Calquera información ou dato almacenado ou transmitido electrónicamente que poida ser utilizado como proba nunha investigación. A evidencia dixital pode incluír correos electrónicos, rexistros de sistema, arquivos de audio ou vídeo, etc.