Ir ao contido principal
Cursos
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Cursos
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. CS-2ASIR-SAD-20
  3. UD2: Introdución a Virtualización
  4. Despregue de rede Virtual

Despregue de rede Virtual

Requisitos do completado
Abertas: xoves, 23 de outubro de 2025, 12:00 AM
Pendente: mércores, 29 de outubro de 2025, 11:00 PM

Nesta tarefa imos despregar a rede virtual 2ASIR. Esta rede irá incorporando diferentes servizos durante o curso e rematará sendo unha rede segura que ofrece os servizos típicos para unha pequena organizacións.

Nesta práctica:

  • A nosa organización se chamará 2asir.com e está dividida en varios departamentos (un departamento por cada un de vos), denominados <nomeusuario>.2asir.com
  • A IP da organización será 172.30.0.0/24
  • As IP dos departamentos serán 172.30.x.y/24 onde x corresponde ao número do teu equipo (IF3-01, IF3-02...). A rede 172.30.0.0/24 será a DMZ
  • Crearás no teu Host un switch openvswitch 2ASIR que conectará cos outros hosts da rede (os dos teus compañeiros) a través da VLAN 100. 
  • O teu Host non terá conectividade directa con 2ASIR (o interface do switch 2ASIR estará down)
  • Despregaremos unha máquina virtual denonominada netservices a partir da plantilla de Debian sen contorno gráfico. Esta máquina terá dúas tarxetas de rede, unha conectada a 2ASIR e outra conectada a rede local (lan).
  • Dentro de netservices,  crearemos un switch conectado a 2ASIR, outro switch conectado a LAN e un switch <user>_2asir para os departamentos. netservices soamente deberá poder ser accedido dende a rede do departamento e terá como IP 172.30.x.254/24. 
  • A interface LAN non terá IP si e un bridge e no caso de ser openvswitch estará ademais  DOWN. Polo tanto netservices será unha máquina máis de <usuario>.2asir.com
  • Crearemos a máquina gateway.<usuario>.2asir.com que será un Debian consola con tres tarxetas de rede. Unha que conecta coa DMZ con IP 172.30.0.x/24, outra que conecta coa rede da organización con IP 172.30.x.1/24 e unha terceira tarxeta conectada a rede  LAN 172.20.0.0/16  coa IP 172.20.1xx.1/24 onde xx e o número do voso equipo ocupando dous díxitos. Configuraremos esta máquina para que sirva de gateway entre as redes que desexemos.
  • Despregaremos un Docker de Apache dentro de gateway que faga dispoñible a súa páxina web no host no volume webpage e que se poda consultar por calquera das IP de gateway.<usuario>.2asir.com coa url www.<user>.2asir.com
  • Despregaremos en netservices un LXC pki-root conectado a rede interna 172.30.xx.0/24 con IP 172.30.xx.100/24
  • Despregaremos en netservices un LXC pki-sign conectado a rede interna 172.30.xx.0/24 con IP 172.30.xx.101/24

Resumindo:

  • O Host real debe ter 2 switches: 
    • switch lan que e a IP do host na rede local (172.20.3.xx/16) e que da saida a internet
    • switch 2asir que da conectividade a todos os equipos na VLAN 100, e que no caso do host está apagado (o host real non ten conectividade coa VLAN 100)
  • Debes crear unha máquina virtual Debian (consola) chamada netservices con dúas interfaces de rede.
    • Unha que da conexión a rede lan (172.20.0.0/16)
    • Outra que da conexión a rede 2asir (172.30.0.0/24) e ademais sirve para comunicar os equipos dos diferentes "departamentos" (<usuario>.2asir.com)
  • Con esas dúas conexións físicas en netservices:
    • Debes crear un switch virtual no que poder conectar máquinas virtuais a rede lan.  netservices non terá conexión a lan, polo que a interface deste switch non se usa
    • Debes crear un switch virtual no que poder comunicar as máquinas da rede 2asir  e todas as subredes. netservices ten neste switch a IP 172.30.xx.254/24
    • Debes crear outro switch <user>.2asir.com
  • Dentro de netservices debes crear un LXC denominado gateway, conectado a LAN (172.20.1xx.1/16), a 2asir (172.30.0.xx/24) e a rede da organización (172.30.xx.1/24). Polo tanto terá 3 tarxetas de rede.
  • Dentro de netservices debes crear os LXC denominado pki-root e pki-sign, conectadoa  a rede da organización (172.30.xx.100/24 e 172.30.xx.101/24). 
  • Dentro de gateway, debes instalar docker e despregar un Apache con Docker que faga accesible a súa páxina web no volume webpage, e que se poda consultar a través de calquera das IP de gateway.

TODOS OS EQUIPOS DEBEN TER CONEXIÓN A INTERNET

TODOS OS EQUIPOS SE DEBEN PODER COMUNICAR COS DEMAIS DA MESMA REDE

  • Grafico.pdf Grafico.pdf
    29 de outubro de 2025, 11:14 AM
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle