O noso itinerario
| Fases | Obxectivo | Temporalización |
| Lembramos os tipos de texto | Familiarizar ao alumnado co proxecto que se vai desenvolver entre as materias de Tecnoloxía e Lingua galega, conectando coa súa realidade e cos coñecementos previos. Repasamos os tipos de texto para explicarlles o noso obxectivo, o produto final: un texto xornalístico para publicar na revista ou na web/blog do centro. Comezamos xa a traballar con textos que abordan a temática da bioconstrución e do urbanismo sostible. | 2 sesións |
|
Construímos textos adecuados |
Poñeremos en práctica a creacion de discursos adecuados para garantir unha comunicación eficaz. Farémolo traballando con textos escritos, pero tamén mediante dinámicas de "Role-playing", estratexia grupal para que o alumnado asuma diferentes papeis como emisores e vaian adaptando as súas mensaxes ao contexto e ás persoas receptoras. |
2 sesións |
|
Redactamos con coherencia e cohesión |
Traballaremos as propiedades da coherencia e cohesión de xeito conxunto, con actividades prácticas que nos permitan distinguir textos coherentes e cohesionados daqueles que non o son. Destacaremos o papel dos conectores ou marcadores discursivos, amosando como enlazan ideas e parágrafos e desterrando os castelanismos. Tamén proporcionaremos un texto desorganizado e pedirémoslle ao alumnado que o reorganicen para mellorar a súa coherencia. | 2 sesións |
|
Vistual Thinking e Obradoiro de escrita |
Recapitularemos os contidos do ODE elaborando de xeito creativo un mapa visual ou Visual Thinking que publicaremos nun Padlet colaborativo. E para poñer en práctica os nosos coñecementos e mellorar a nosa habilidade na escrita, redactaremos un texto informativo sobre algunha das tarefas realizadas na aula de Tecnoloxía ao longo destas semanas, co desafío de publicar nos medios de comunicación locais ou do centro educativo. |
2 sesións |
|
Avaliación do ODE |
Sesión dedicada a recapitular o aprendido neste ODE, completar os nosos portfolio ou diarios de aprendizaxe e facer achegas para mellorar esta situación de aprendizaxe para cursos vindeiros. | 1 sesión |