Saltar navegación

4. A descrición

A arte de describir

Ringleira de casas
Canva. Ringleira de casas (CC BY-SA)

Na clase de hoxe, imos comezar a traballar con textos descriptivos, un dos xéneros máis importantes cando queremos transmitir de maneira detallada e precisa a nosa percepción sobre algo. O texto descriptivo permite que o lector visualize o que estamos describindo, xa sexa un lugar, un obxecto ou incluso unha persoa. A súa principal función é crear unha imaxe nítida e clara na mente do lector a través de palabras.

Na nosa sesión, imos utilizar o vocabulario relacionado coa arquitectura galega para crear descricións ricas e detalladas sobre as vivendas tradicionais. A arquitectura galega, cos seus característicos hórreos, cruceiros, casas de labranza e pazos, ofréceunos unha gran cantidade de elementos para describir.

A través do uso de adxectivos, detalles específicos e organización das ideas, aprenderemos a construir descricións que non só sexan informativas, senón tamén evocadoras, capaces de transportar ao lector a ese espazo descrito.

No noso caso, imos practicar a descrición dun lugar que todos coñecemos: a vivenda galega, coa súa estrutura, materiais e elementos distintivos. Así, aprenderemos a utilizar o vocabulario específico para que as nosas descricións sexan máis precisas e expresivas.

Indicacións para describir
Alexandra Pacheco con Canva. Os tipos de descrición (CC BY-SA)

Pregunta Verdadeiro-Falso

A continuación, presentarás un conxunto de afirmacións relacionadas cos textos descritivos. Debes ler atentamente cada frase e decidir se é Verdadeira ou Falsa. Lembra que os textos descritivos teñen como obxectivo principal transmitir unha imaxe clara e detallada de persoas, lugares, obxectos ou situacións a través de palabras

Pregunta 1

Nos textos descritivos, o obxectivo é contar unha historia de maneira detallada.

Pregunta 2

Os textos descritivos deben utilizar adxectivos e detalles sensoriais para que o lector poida imaxinar o obxecto ou lugar descrito.

Pregunta 3

Os textos descritivos só se usan para describir lugares, pero non persoas ou obxectos.

Pregunta 4

Un texto descritivo debe ser curto e moi xeral para ser efectivo.

Pregunta 5

Nos textos descritivos, a orde das ideas non ten importancia.

Pregunta 6

As descricións no texto poden incluír detalles sobre as características físicas e tamén as emocións ou sensacións que provoca un lugar ou obxecto.

Vídeo interactivo

com/watch?v=4EE5K0m7QDM?si=zl3vqw8Up7ezc90D

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)