2. As propiedades textuais
A adecuación
A adecuación é a adaptación do texto á situación comunicativa na que se producirá.
Para iso é importante ter en conta as seguintes cuestións:
A intención comunicativa
Un texto resulta adecuado cando o seu propósito é claro. Para iso é importante escoller unha estrutura textual adecuada: narrativa, descritiva, argumentativa, informativa.
A persoa destinataria
Cómpre considerar a súa idade, o seu coñecemento sobre o tema, o seu nivel de formación, o seu interese na mensaxe, o seu grao de atención...
A situación comunicativa
Determina a escolla do rexistro (formal ou informal) e as fórmulas de tratamento empregadas.
O código
Implica que escribamos ou falemos con corrección ortográfica, morfosintáctica e semántica, ademais dun uso adecuado da entoación e da linguaxe xestual (acenos, movementos corporais, distancia entre as persoas que falan...).
A canle
A oralidade e a escrita esixen formas de expresión diferentes. Así, na canle escrita debemos ter en conta a presentación, a estrutura externa, os tipos de letra, os elementos de destaque...
Lectura facilitada

Audio
Vemos un exemplo
Preme aquí
Véxamos un exemplo de texto informativo adecuado:

É unha noticia publicada na versión dixital de Nós diario o 4 de xullo de 2024. O emisor é a xornalista autora, Susana Rois, que se dirixe a un público maioritario cunha linguaxe sinxela e directa, propia dun texto divulgativo. Faino cun uso correcto do código, a lingua galega, e nun rexistro formal adecuado ao contexto.
A intención comunicativa predominante é a informativa. En consecuencia, está redactado de xeito obxectivo, expresando a realidade tal e como é, desligada de elementos de opinión.
Xogamos a cambiar de rol
Imos facer en grupos unha dinámica de "Role playing", levando á práctica o que sabemos sobre a adecuación mentres nos metemos na pel de diferentes personaxes-emisores, adaptando o noso discurso e o noso rexistro aos diferentes contextos.
ROLE PLAYING de Alexandra pacheco gonzález
A coherencia
A coherencia é a conexión que se establece entre os diferentes elementos que integran un texto para garantir e facilitar a súa comprensión.
Xira ao redor dos seguintes aspectos:
Continuidade temática
Debemos manter o mesmo tema ao longo do texto para que teña unha unidade de sentido informativa. Debe haber un fío condutor, un asunto ou idea principal ao redor do cal xiran as ideas secundarias.
Progresión temática
Para que un texto teña coherencia debemos ir engadindo datos novos segundo vai avanzando o texto e rexeitando a información non relevante.
Ordenación lóxica
Os diferentes elementos que integran o texto deben ter unha orde coherente.
Implicatura
As persoas que participan da comunicación do texto teñen que ser quen de deducir certas informacións de xeito implícito.
Ausencia de contradición
As diferentes informacións que aparecen no texto deben estar relacionadas e non poden existir incongruencias entre elas.
Existencia dun saber partillado
A persoa emisora e a destinatario deben partir do coñecemento dunha realidade común.
Correcta escolla da tipoloxía textual
Un mesmo enunciado pode ter coherencia nun texto e ser incohorente noutro; por exemplo, "A arquitectura bioclimática refírese ao deseño de edificios baseado no clima local" é pertinente nun manual de Arquitectura, pero resulta incoherente se o incluímos nunha receita de cociña.

Tarefa
- Duración:
- 10 min.
- Agrupamento:
- En grupos de 2.
Reflexionade sobre o coñecemento que deben compartir emisor/a e destinatario/a para que estes textos se perciban como coherentes.
- - Xa marchas?
- Ai Pepiño adiós, ai Pepiño adiós...
- Se tivese diñeiro, mercaba un Laxeiro.
- Cal é o teu PIN?
A cohesión
A cohesión é a relación de dependencia gramatical que manteñen entre si os diferentes elementos que forman parte dun texto.
Estes son os mecanismos de cohesión textual:
Reiteración
Repetición dalgunhas palabras, sons, construcións sintácticas...
Substitución
Determinados termos debemos mudalos por sinónimos, hiperónimos, hipónimos, merónimos... para evitar repeticións necesarias.
Elipse
Omisión de termos ou expresións mencionados previamente e que se sobreentenden.
Deíxe
Uso de certos elementos lingüísticos, coma pronomes ou adverbios, para sinalar os mesmos referentes no texto.
Marcadores discursivos
Palabras ou expresións que enlazan as diferentes partes do texto.

É a túa quenda!
Preme aquí
Buscade agora en grupos de 2 os diferentes elementos que lle achegan coherencia ao seguinte texto. Cubride a táboa.
Poñemos algo de orde?
Alguén se puxo a fedellar nesta noticia do xornal dixital Praza.gal e desorganizou os parágrafos que facían parte do texto informativo.
Serás quen de poñela en orde de novo?
- O Concello de Pontevedra vai encargar nas vindeiras semanas un estudo sobre a situación da vivenda na cidade nun momento no que a dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro, o aumento dos prezos de arrendamento e compra e as problemáticas derivadas da proliferación dos pisos turísticos gañan cada día protagonismo.
- O concelleiro de Urbanismo, Alberto Oubiña deu conta esta semana na Comisión de Urbanismo dos temas nos que o estudo, que se encargará proximamente, fará fincapé, e que percorren estas e outras problemáticas. O edil explicou que o estudo "vai poñer en riba da mesa moitos datos para poder seguir avanzando en diferentes eidos" e destacou que "imos analizar unha serie de parámetros que até o de agora non se analizaran, pero que son moi interesantes á para desenvolver políticas na cidade".
- Oubiña destacou que "non se trata soamente de estudar o ámbito da vivenda, onde as competencias do Concello son bastante limitadas, senón tamén aspectos como valoracións dentro do mundo do alugueiro, da compra-venda, estudos comparativos con outras localidades da comarca e do resto de cidades".
- Finalmente, o Concello quere coñecer de primeira man e con detalle a situación dos alugueiros turísticos na cidade: número, distribución por zonas, tempo medio de alugueiro e distribución temporal, engadindo ademais un estudo sobre afección dos pisos turísticos sobre a demanda e a oferta na vivenda en Pontevedra.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0