E fundamental adaptar a proposta didáctica aos recursos dos que dispoña o noso centro educativo (libros, comics e audiovisuais na biblioteca) e na súa contorna espacial e social. Por exemplo, un centro educativo da Ribeira Sacra ou Monforte de Lemos traballaría coa novela Izan o da saca de Xavier Quiroga e faría unha saída didáctica a algún dos espazos recollidos nela ou ao ecomuseo de Arxeriz pola importancia que tivo Juan López Suárez, alcumado “Xan de forcados”, na Galicia da época e as súas escuras relacións coas redes nazis en España durante a Segunda Guerra Mundial.

Última modificación: domingo, 24 de setembro de 2023, 11:48 PM