Xeral
Section outline
-
-
Que é?
Un certame de elaboración de Tik Tok
A temática é libre
Humor, música, baile, deporte, interpretación... Ti decides! O único requisito é que a lingua galega teña presenza de xeito oral, escrito ou musical, teña entre 15 e 60 segundos e sexa de creación propia.
📅 Tes ata o 30 de outubro de 2026 para participar.
Para inscribirte, só tes que achegar o formulario de participación que adxuntamos a este email xunto co vídeo (galetiktokers26@gmail.com).
E se este ano non te animas a participar, axúdanos a facer medrar o certame compartíndoo coas túas amigas e amigos que teñan ganas de crear contido en galego.
Porque o galego tamén ten sitio en todas as redes. Agora tócache a ti volver crear!
Díptico certame:
Enlace á páxina do concello coa información:
-
LECTURAS OBRIGATORIAS 4º ESO
1ª Avaliación.
Ledicia Costas, Un animal chamado néboa, Xerais
2ª Avaliación.
Xosé Fernández Ferreiro, Agosto do 36, Xerais.
3ª Avaliación.
Natalia Carou, O mal querer, Baía Edicións
-
Probas escritas 1ª avaliación
1º PARCIAL:
4º A: 28 de outubro
4º B: 30 de outubro
4º C e 4º D: 27 de outubro
2º PARCIAL:
4º A: 2 de decembro
4º B: 4 de decembro
4º C e 4º D: 1 de decembro
PROBA DE LECTURA:
Un animal chamado néboa:Para saber máis
4º A: 4 de novembro
4º B E 4º D: 5 de novembro
4º C: 3 de novembro
PROBA ORAL:
Primeira semana de decembro
-
PROCEDEMENTOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Probas escritas: 70 %.
- 1ª proba escrita: 35 %.
- 2ª proba escrita: 35 %.
Proba de lectura: 15%.
Oralidade: 10%
Traballo académico e probas escritas específicas: 5%. -
Adxunto neste cartafol algunhas das RÚBRICAS que usaremos na avaliación para as correccións pertinentes. Podedes e DEBEDES botarlles unha ollada. Isto axudaravos a saber en que incidimos durante a avaliación e a importancia dos diferentes elementos.
-
-
Esta actividade realizarédela entre todo o alumnado e irémola ampliando ao longo do curso 2026-2027.
Cada un de vós contades con autorización para introducir novas palabras. Entre as normas destacamos:
- Podedes introducir por alumna/o de 2 a 4 palabras por trimestre.
- As palabras poderán ser sinaladas pola docente ou por vós, previa comunicación coa profesora.
- O significado deberá ser introducido seguindo o modelo que se adxunta na palabra "AURA".
-