B.1: O seguimento

As reunións de seguimento deberías ser de periocidade semanal ou quincenal, e estarán enfocadas a:
- A fortalecer a cohesión de todo o servizo de mediación, xa que nestas reunións poden tratarse temáticas moi diversas, en función nas necesidades sentidas polos participantes: compartir experiencias mediadoras, buscar solucións entre todos/as a problemas encontrados, consultar dúbidas, sentir o apoio de todo o equipo, … .
- Formarse nos procesos de análise dos conflitos (posicións, intereses e necesidades / elementos do conflito/ estilos de afrontar os conflitos). O feito de analizar no ámbito destas reunión os casos máis complexos proporciona un entrenamento básico para o equipo de mediadores/as ( aplicamos a teoría a casos reais).
- Elaborar e adaptar materiais necesarios para o servizo. Materiais para divulgar o servizo, solicitar a mediación, follas de seguimento, rexistrar os acordos, etc.
Na organización destas reunións de seguimento, é conveniente ter presente varios aspectos:
- Acordar un tempo máximo (1h, 1,30 h), é moi importante ter un tempo máximo de duración. Evita que nos dispersemos e favorece que nos centremos nos obxectivos da reunión.
- Comunicar aos participantes con antelación o obxectivo da reunión. É bo centrar os temas principais e saber todos/as con antelación os puntos a tratar na mesma. Desta forma os/as participantes poderán preparar con tempo información adicional, se o consideran necesario.
- Se respectamos o anterior é máis fácil que os/as participantes na reunión estén máis enfocados e listos para dialogar sobre os obxectivos, aínda así é moi normal que durante estas reunión de seguimento pasemos dun tema a outro, é inevitable, pero se temos un plan previsto sempre será máis fácil reconducila.
- Tamén debemos coidar a hora e o día das reunións, intentando que non coincida con outros eventos que se celebren no centro.
- A persoa que convoca e dinamiza a reunión non debe asumir o rol de profesor/a, nin ser percibido dese modo polos/as participantes. A súa actitude debe transmitir proximidade, apoio ao equipo, ser a dun/ha dinamizador/a da participación de todos/as, dar ao alumnado responsabilidades (axudar a preparar a convocatoria, axudar a preparar os materiais para a mesma,.. )
O seguimento do servizo debe realizarse, en relación coas etapas propostas no deseño e planificación do mesmo. Polo tanto, debemos formularnos en esas reunións de seguimento, tamén, unha serie de preguntas que nos permitan valorar o grao de axuste entre o previsto e o realizado.
En fin, hai unha infinidade de cuestións sobre as que podemos reflexionar nesas reunións de seguimento, que permitirán ir axustando o funcionamento do servizo. A resposta a estas cuestións pode obterse de formas moi diversas: por observación da realidade, revisando os rexistros do servizo, recollendo a opinión de membros da Comunidade Educativa, (docentes, alumnado, familias), pode habilitarse unha “ caixa de suxestións” que permita recibir opinión, etc.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0