A. 1: O espazo do servizo.
Segundo propón a Guía realizada por GEUZ (Gatazka Eraldatzeko Unibertsitate- Zentroa Centro Universitario para a
transformación de conflitos, editada polo Goberno Vasco): “ Recoméndase que sexa un espazo tranquilo e acolledor, no que non haxa interrupcións e non se realice ningunha outra actividades mentras ten lugar a mediación. A sala debe ter unha mesa redonda, e catro cadeiras. Tamén se necesitan copias dos distintos formularios que se utilizarán e un arquivo para rexistralos”.
En coincidencia, en parte, co anterior, o ideal é que ese espazo:
-
- Sexa de dedicación exclusiva para as tarefas mediadoras. Se iso non fose posible, unha alternativa sería asignar ese local a tarefas de mediación certos días e horarios.
-
- Este situado dunha zona tranquila, para permitir que todos/as os/as participantes, as partes e os/as mediadores/as, poidan dialogar sen ser interrompidos e nun contorno de privacidade que garantice a confidencialidade.
-
- Esté claramente identificado, que toda a Comunidade Educativa, saiba que ese espazo, ese día e en ese horario está exclusivamente dedicado a esa función.
-
- Se perciba como un sitio arranxado, de tal modo, que resulte un ámbiente cómodo e agradable, con cadeiras suficientes e unha distribución do mobiliario que facilite a comunicación. Que inclúa paneis visuais que informen sobre cuentións como: días e horarios de mediación, casos e formas de solicitala, nome do equipo coordinador do servizo, listado de posibles mediadores/as, ... .
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0