Moitos autores falan do “rexurdimento da prosa” e non propiamente da “prosa no Rexurdimento”, porque foi este un xénero moi pouco tratado ao longo do século XIX. Só na parte final desta centuria, mesmo cando o Rexurdimento estaba iniciando a súa disolución en favor doutros procesos literarios e doutros autores e autoras, xorden potentes voces como: Antonio López Ferreiro, Marcial Valladares, Francisco Álvarez de Nóvoa etc.
O menos desenvolvemento da prosa debeuse a diversos factores como a inexistencia dun modelo estándar de lingua, a minusvaloración do galego como idioma apto para a prosa ou a ausencia de modelos xenéricos propios. As dificultades económicas para a publicación de obras impresas de certa extensión levaron á narrativa a ser menos editada que a poesía. En liñas xerais, a difusión da prosa foi a través de xornais e revistas, predominio a narrativa breve sobre a novela, de temática folclórica e costumista (ambientes, anécdotas e protagonistas do medio rural galego), histórica, sentimental ou de trasfondo político.