Saltar navegación

Conto gallego

Conto gallego
Conto gallego (CC BY-NC-SA)

Neste pequeno relato ofrécese unha visión das mulleres afastada da feminidade ideal romántica (submisa, inocente e pasiva), senón que lle imprime unha visión realista e irónica, presentado a muller como un ser intelixente, sensual e persuasivo. O enfoque machista non está lonxe do relato, dado que se representa no feito de dous homes apostaren sobre a súa capacidade para seducir unha muller. Este segundo punto de vista quizais sexa posible rastrexalo en máis obras doutros autores contemporáneos ou posteriores a Rosalía.

O que se conta no relato é a conversa entre dous personaxes masculinos, Xan e Lourenzo, que van camiñando e falando de temas diversos. Nun momento dado sae na conversa a conveniencia de que os homes casen para que as mulleres os atendan e lles fagan compaña. Estando enfrontados neste asunto, xorde a posibilidade de faceren unha aposta na que se xogan a mula de Xan: o reto consistía en Lourenzo ser capaz de seducir unha muller nova que acababa de enviuvar. Como rematará o reto?