Saltar la navegación

Sección A: O marco xurídico internacional

Video de presentación

Dominio público

 

         No ámbito internacional existen diferentes leis e políticas orientadas a protexer os dereitos dos xoves no ámbito escolar. Neste marco xurídico existe un mandato expreso para que todos os países activen as medidas necesarias para protexer aos nenos/as e adolescentes contra calquera tipo de violencia e en particular coidar que as institucións escolares sexan lugares seguros para eles e elas.

       Os paises están obrigados a prever e actuar ante as posibles situacións de violencias nas escolas, así como, a promoción de culturas de paz e convivencia.

Como marco xurídico e político relevante ao que facemos referencia a nivel internacional destaca:

  • A Convención sobre os Dereitos do Neno (CND) é un tratado internacional que recolle os dereitos da infancia e é o primeiro instrumento xuridicamente vinculante. O texto foi aprobado pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e entrou en vigor o 2 de setembro de 1990. O artículo 19, contén un mandato expreso para a protección dos nenos, nenas contra calquera tipo de violencia que define como “ toda forma de prexuizo oa abuso físico ou mental, descuido ou trato neglixente, malos tratos ou explotación ….”, neste sentido, a violencia é unha vulneración ao dereito a estar protexido de calquera dano.  É obriga dos Estados protexer aos nenos e nenas de todas formas de malos tratos, perpetrado polos pais, nais ou calquera outra persoa responsable do seu coidado, e establecer medidas preventivas de tratamento ao respecto.
  • No ámbito europeo hai tamén suficientes coñecementos e  referencias normativas. Facendo un breve repaso, destacaríamos:
  • O Tratado de Maastrich (1992) e o correspondente artigo 149 do tratado de Ámsterdam (1997) que sinalan  a seguridade na escolas como fundamental para garantir unha ensinanza de calidade.
  •  A iniciativa europea de Cooperación sobre a seguridade nas escolas, dentro do programa SÓCRATE. No ámbito desta iniciativa desenvolvéronse numerosos programas dirixidos a diversos axentes (profesorado, alumnado, familias, asociación, etc. ). Estes proyectos tiñan como obxectivo intercambiar información e experiencias entre os estados membros da Unión Europea.
  • A carta de recomendación 12 (2002) do Comité de Ministros do Consello de Europa, na que pide que fagan da educación para a ciudadanía democrática un obxectivo prioritario das políticas educativos dos estados membros.

  En conclusión  as  principais liñas de actuación da política europea sobre este tema centrarse nos seguintes aspectos