B.2: A LOE-LOMCE
O marco normativo estatal en materia de resolución de conflictos e mellora da convivencia está constituido principalmente pola Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. (LOE) e a Lei Orgánica para a Mellora da Calidad Educativa (LOMCE), en vigor desde o 30 de decembro do 2013, que fai mención expresa á necesidade de traballar a educación para a convivencia.
Dentro do seu articulado, atopamos que a LOE-LOMCE dedica varios dos seus artigos á prevención e resolución de conflictos, incluindo a mención expresa á mediación. A parte, aparecen numerosas referencias en distintos apartados do seu desenvolvemento normativo:
- Na declaración de principios: “A educación para a prevención de conflitos e para a resolución pacífica dos mesmos, así como a non violencia en todos os ámbitos da vida personal, familiar e social” (art.1.k).
- Tamén recolle como fin “A formación para a paz, o respecto aos dereitos humanos, a vida en común, a cohesión social, a cooperación e a solidaridade entre os pobos [...] (art 2.1.e).
- Por outra parte, nos obxectivos que se establecen como grandes metas a alcanzar en todas as etapas educativas insiste nos relacionados coa educación das capacidades de relación interpersoal e inserción social e na adquisición de habilidades para a resolución de conflitos,
O capítulo dedicado á autonomía dos centros, recolle a necesidade de que:
- O Proxecto Educativo (PE) recolla os valores, os obxectivos e as prioridades de actuación, así como o plan de convivencia.
- Respecto ás competencias dos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente dos centros públicos en materia de xestión de conflicto establece que:
Podemos concluír do anteriormente exposto, que a LOE-LOMCE, aínda que fai referencia a necesidade de abordar a xestión da convivencia dos centros, non fai precisións con respecto ás medidas e iniciativas a adoptar en materia de alternativas de resolución de conflictos; nin tampouco con relación á forma de abordar a mediación.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0