Saltar la navegación

C.1: A lei 4 de convivencia

  Nesta lei, aparecen xa de forma expresa referencias á mediación escolar, así:                 

  • Xa desde o apartado VI de exposición de motivos, que fai referencia aos protocolos para a prevención, detección e tratamento das situaciones de acoso escolar, cando di:

“ … . Entre esas medidas estará necesariamente a designación pola persoa titular da dirección do centro ou titular do centro concertado dunha persoa responsable da atención á vítima entre o persoal do propio centro docente, para garantir o dereito dela á protección integral que esta lei lle recoñece, sen prexuízo da intervención dunha mediación máis profesional no caso de que a situación presente unha gravidade especial”.

    • O apartado destinado a definir os fins desta normativa, recolle como un deles, o de promover a resolución pacífica dos conflictos (art. 3. f).
  • Aínda que non atopamos no texto da lei, unha definición de mediación. Sen embargo, no art. 8. g, si que se matiza que o profesorado terá o dereito a “acceder á formación necesaria na atención á diversidad e na conflictividade escolar e recibir os estímulos máis axeitados para promover a implicación do profesorado en actividades e experiencias pedagóxicas de innovación educativa relacionadas coa convivencia e a mediación.”
  • No artigo 10, indica que o Proxecto Educativo de cada centro, debe incluir o plan de convivencia e que o debandito plan integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas de convivencia e as actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos.
  • Atribuese, así mesmo, á función de mediación ao alumnado do centro, que teña formación e cualificación para a intervención en situacións de acoso escolar, consideradas como menos graves, (art.30.2.d).