Saltar la navegación

C.2: O decreto 8-2015

No Decreto aparecen varias referencias ó término mediación:

  • A primeira no apartado II do preámbulo, cando referíndose ao plan de convivencia propón que: “ o dito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas e as actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras”.
  • No artigo 6.e,  indica que a comisión de convivencia propoña, de ser o caso, á persoa titular da dirección do centro ás persoas que poidan formar parte do equipo de mediación”.
  • No artigo 8.b,  indicase que o equipo directivo debe:
    1.   “ Garantir o exercicio da mediación, a imposición de medidas correctoras e o desenvolvemento dos procesos e procedementos que se establecen neste decreto”.
    2.   “ Promover o exercicio da mediación que se leve a cabo no centro”.
  • No artigo 11, 2. establece que: “ O proxecto educativo de cada centro docente incluirá un plan de convivencia que recolla e desenvolva os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas leis orgánicas sobre a materia. O dito plan de convivencia integrará o principio de igualdade entre mulleres e homes e establecerá, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, os obxectivos, as directrices básicas de convivencia e actuacións, incluíndo a mediación na xestión dos conflitos, e conterá actuacións preventivas, reeducadoras e correctoras”.
  • No artigo 12,f, referente aos obxectivos xerais do plan de convivencia proponse : “Facilitar a conciliación ou a mediación para a resolución pacífica dos conflitos.
  • Así mesmo no art. 15.4, propón: “ Medidas que se poden aplicar no centro para prever, detectar, mediar e resolver os conflitos que poidan xurdir, entre as cales se incluirán os compromisos de convivencia, as actuacións preventivas e que contribúan á detección da conflitividade e a conciliación ou mediación na resolución dos conflitos que puidesen xurdir, de conformidade co establecido neste decreto.
  • No decreto, aparece un artigo específico dedicado á mediación escolar (art.26). Nel faise unha definición da mesma e recoméndase que no plan de convivencia se inclúan as directrices para a creación dos equipos de mediación escolar. Destacase a mediación como estratexias preventiva, resolutiva e reparadora.
  • Finalmente, no apartado orientado a regular o inicio do procedemento de corrección das condutas problemáticas indícase que:

 “A dirección do centro educativo deberá encomendar a instrución dos procedementos correctores ao profesorado que teña un bo coñecemento do centro e da súa comunidade educativa e, a ser posible, que teña experiencia ou formación en convivencia escolar, mediación e resolución de conflitos no ámbito escolar. En todo caso, corresponderá aos centros educativos concretar nas normas de organización e funcionamento do centro os criterios polos que se realizará a dita designación (art. 47.4).

    En resumo, a mediación proponse na normativa galega como un bo método para a resolución constructiva e pacífica dos conflitos. O cal non supón que substitúa ao conxunto de normas e outras medidas que elabore o centro escolar e que estarán recollidas no Plan de Convivencia.

 

 

 

Pregunta de Elección Múltiple

Pregunta

¿Que referencias legais autonómicas regulan a convivencia dos centros educativos?

Respuestas

Decreto 120-98

Decreto 229-2011

Decreto 8-2015

Retroalimentación

Pregunta

¿Que lei introduce, por primeira vez, os temas transversais?

Respuestas

LOE

LOXSE

LOPEG

Retroalimentación

Pregunta

¿ En que plan do centro deben aparecer as directrices para a creación do equipo de mediación?

Respuestas

Plan de Acción Titorial

Plan de atención a la diversidade

Plan de convivencia

Retroalimentación

Pregunta de Selección Múltiple

Pregunta

Na normativa galega, cal é o rol da mediación?

Respuestas

Preventivo

Resolutivo

Reparador

Retroalimentación

Pregunta

¿ Quen pode propoñer, á dirección do centro, candidatos para formar parte do equipo de mediación?

Respuestas

Xefatura de Estudios

Comisión de convivencia

ANPA

Retroalimentación

Actividad de lectura

Busca que artigos da declaración dos dereitos dos nenos e nenas conectan co tema da convivencia escolar