Saltar navegación

Xogo

XOGO?

Segundo a RAG (Real Academia Galega), significa:  cada unha das actividades que se realizan co único fin de entreterse e divertirse, e que se caracterizan por estaren organizadas conforme unhas regras determinadas e, ás veces, por precisar duns obxectos concretos.

Para o neno a definición é moito máis sinxela "Un xogo é xogar".

A definición de Xogo é realmente moi ampla, e moitas veces depende das características no que o situemos. Así que nós agora imos intentar entender o Xogo dentro da nosa aula de EF.

Consideraremos o Xogo coma unha actividade que nos pode provocar diversión, sometida a algunha norma, na que se determina un espazo (limitado ou ilimitado) e no que busca algunha finalidade, ben sexa en si mesmo ou para conseguir novas aprendizaxes  ou experiencias.