Saltar navegación

Deporte na Escola

DEPORTE NA ESCOLA

 

Nós imos falar de Deporte Escolar, e aquí nos atopamos con dous camiños.

1- Tipo de deporte e actividade física que desenvolvemos en EF.

2- "Todo tipo de actividade física que se desenvolve durante o período escolar á marxe das clases obrigatorias de EF  como complemento destas". (Blázquez Sánchez, Domingo, 1995,p.24).

Aquí imos intentar seguir o camiño número 1 e dentro deste centrarémonos nun Deporte Educativo que digamos que transcorre no medio do Deporte Recreativo,  diversión mentres que e o Deporte Competitivo  que busca un resultado, un gañador.

O Deporte Educativo  vainos permitir formar a nosa base motriz e  continua a través do movemento.

CONCLUSIÓN:

Segundo a definición que nos dá Carlos López Martínez este conclúe en citar dentro deste campo do deporte aos Xogos e Deportes Alternativos, que os considera "unha adaptación ao contexto educativo, para que a súa práctica se adapte ás necesidades educativas do noso alumnado plantexadas  polo currículo"

Nas nosas clases de EF utilizaremos tanto estes Xogos ou  Deportes Alternativos, coma moitas veces intentaremos  practicar Deportes (institucionalizados) pero nos que adaptaremos regras, espazos, etc, para poder levar a cabo no noso cole.