Clasificación dos deportes segundo a súa motricidade
Nesta clasificación trátase de diferenciar os deportes pola presenza ou interacción motriz dos seus participantes, así tamén do grao de incertidume co que nos podemos atopar.
Esta incertidume pode vir do propio medio (carreira polo patio), ou estar totalmente estandarizada (carreira de velocidade no pavillón).
A incertidume tamén pode vir dos demais.
a) Dun só adversario (partido de badminton)
b) Dun ou varios compañeiros (navegando en kayak).
c) De compañeiros e adversarios (partido de baloncesto).
