En setembro de 2015, comprometémonos a asegurar o benestar das persoas e o planeta a través da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A educación de calidade é un obxectivo en si, o ODS 4, e é tamén un medio para lograr os demais ODS. Tal e como sinala a UNESCO (2017), este obxectivo esixe que se garanta unha educación inclusiva e equitativa de calidade e que se promovan oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida para todas as persoas de aquí ata o 2030. Tamén demanda que se constrúan e adecúen instalacións educativas que teñan en conta as necesidades de toda a mocidade, ofrecendo contornas de aprendizaxe seguras, no violentas, inclusivas e eficaces.

Así, neste bloque, achegarémonos á importancia da inclusión educativa como motor do cambio e a propostas como os Polos Creativos que promoven as aprendizaxes colaborativas e entre iguais, o traballo cooperativo e a equidade. Deste xeito, o alumnado aprenderá facendo para aprender a ser.

Última modificación: martes, 23 de novembro de 2021, 8:29 PM