Técnicas e boas prácticas para acadar a inclusión
Requisitos do completado
Na busca da inclusión
Como xa comentamos, para acadar a inclusión faise preciso o compromiso e implicación de toda a comunidade educativa. Por iso, non podemos unicamente referirnos ao alumnado, senón que o cambio deberá producirse no conxunto do sistema educativo. Neste apartado, abordaremos dúas das vertentes a considerar:
- Por unha parte, como xerar experiencias compartidas entre o profesorado que o axuden a descubrir novas posibilidades e potencialidades.
- E, por outra banda, falaremos dalgunhas técnicas e boas prácticas para aproveitar a potencialidade do noso alumnado para acadar a inclusión nas nosas clases, achegándonos así ao traballo cooperativo e as ensinanzas entre iguais.