Técnicas e boas prácticas para acadar a inclusión
Requisitos do completado
Técnicas e boas prácticas. Profesorado
No que respecta ás técnicas para o propio profesorado, xa comentamos anteriormente a importancia da co-docencia. Neste sentido, as experiencias compartidas serán fundamentais na construción dun novo enfoque que permita o paso do individualismo na aula ás fórmulas colaborativas na función docente. Do mesmo xeito que falamos da aprendizaxe entre iguais aplicada ao noso alumnado, podemos referirnos a ela para o profesorado.
Algunhas técnicas eficaces neste sentido poden ser:
- A observación mutua na aula ou mediante vídeos.
- A avaliación da función docente mediante a auto-avaliación, a co-avaliación entre o profesorado e a hetero-avaliación por parte do alumnado.
- Establecer procesos de investigación-acción.
- Os grupos de traballo e as experiencias interdisciplinarias.