A colaboración docente. Análise e reflexión sobre datos reais
Informe TALIS (2018)
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou o informe TALIS (Teaching and Learning International Survey),
Estudo Internacional do Ensino e a Aprendizaxe do ano 2018, que analiza, en dous volumes, os resultados recollidos pola enquisa realizada a gran escala pola OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) sobre o profesorado,
o entorno de aprendizaxe e os equipos directivos. O informe centra a atención na profesionalización docente, a través da aprendizaxe ó longo da vida, para seren capaces de adaptarse a un mundo en constante cambio. Isto supón o fomento da cooperación
docente como pilar para o impulso de prácticas innovadoras e efectivas que buscan o empoderamento docente que vai repercutir no alumnado.
TALIS analiza catro dimensións da colaboración docente nas etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria:
- Actividades de colaboración.
- Mobilidade transnacional.
- Relacións de cooperación profesional.
- Retroalimentación ou feedback no desempeño docente.