A colaboración docente. Análise e reflexión sobre datos reais
Requisitos do completado
Mobilidade transnacional
Refírese a un periodo limitado de estudo, ensinanza ou investigación nun país diferente ao de residencia do docente. Pregúntase se estiveron no estranxeiro co fin de mellorar a súa carreira profesional e con que obxectivos:
-
Como estudante, como parte da formación docente.
-
Como docente, nun programa europeo.
-
A través dun programa autonómico ou nacional.
-
A través dun programa do centro ou localidade.
-
Por iniciativa propia.
Os resultados amosan unha maior mobilidade entre o profesorado de Educación Secundaria con respecto, tanto á Educación Primaria como aos países da Unión Europea.

Gráfico elaborado por Rosa María González Iglesias e Elisa Moreira García a partir de datos extraídos de: Ministerio de Educación e Formación Profesional (2020). TALIS, 2018: Estudio Internacional de la Enseñanza y del Aprendizaje. Informe Español. Volumen II. Secretaría General Técnica.