Retroalimentación ou feedback no desempeño docente

Calquera comunicación que reciben sobre a ensinanza que imparten nas súas clases baseada nalgunha forma de interacción co seu traballo. Analiza tres dimensións:

  • Métodos para recibir o feedback:

      • Observación directa da actividade docente.
      • Respostas a enquisas ós estudantes.
      • Avaliación dos coñecementos sobre contidos.
      • Resultados externos dos alumnos/as ós que imparte clase.
      • Autoavaliación docente.
  • Percepción dos docentes sobre os efectos do feedback. Pregunta se o feedback recibido nos últimos doce meses tivo un impacto positivo.

Os resultados indican a porcentaxe de docentes que nunca recibiron feedback e a porcentaxe dos que o recibiron con impacto positivo nos últimos 12 meses. Os datos constatan que en España non é moi frecuente pois un 20% dos docentes de Educación Primaria aseguran non teren obtido retroalimentación por ningún dos métodos analizados, mentres que en Educación Secundaria supoñen o 17%.

Feedback1

Gráfico elaborado por Rosa María González Iglesias e Elisa Moreira García a partir 
de datos extraídos de:
Ministerio de Educación e Formación Profesional (2020). TALIS, 2018: Estudio Internacional de la Enseñanza y del Aprendizaje. Informe Español. Volumen II. Secretaría General Técnica.

  • Impacto. Aspectos do labor docente con impacto positivo

      • Coñecemento e comprensión de materias.
      • Competencias pedagóxicas da ensinanza da asignatura.
      • Emprego da avaliación dos estudantes para mellorar a súa aprendizaxe.
      • Xestión da aula.
      • Métodos de ensinanza a estudantes con necesidades educativas especiais.
      • Métodos para ensinar nun contexto multicultural e plurilingüe.

Resultados, por categorías, entre os que recibiron feedback nos últimos doce meses con impacto positivo. As porcentaxes de docentes que recibiron retroalimentación positiva nas distintas categorías son algo superiores en Educación Primaria e, en xeral, inferiores en España con respecto á Unión Europea e a outros países da OCDE. Cabe salientar que todos os valores se atopan por debaixo do 50%.

Feedback 2

Gráfico elaborado por Rosa María González Iglesias e Elisa Moreira García a partir de datos extraídos de:

Ministerio de Educación e Formación Profesional (2020). TALIS, 2018: Estudio Internacional de la Enseñanza y del Aprendizaje. Informe Español. Volumen II.

Secretaría General Técnica.

Vostede completou o 88% da lección
88%