Proposta para a análise crítica de estereotipos de xénero
Requisitos do completado
Obxectivos
- Establecer unha análise comparativa de datos recollidos a través de enquisas a adultos e a alumnado.
- Reflexionar acerca dos resultados das enquisas e extraer conclusións.
- Investigar e clarificar conceptos clave: estereotipos de xénero e sexismo.
- Reflexionar sobre o sexismo e os estereotipos de xénero que existen na producción e na elección de xoguetes na infancia.
- Reflexionar acerca da educación que reciben nenos e nenas a través dos xoguetes e xogos.
- Valorar a capacidade dos xoguetes e xogos infantís como impulsores de roles de coidado da casa e dos fillos para as nenas e da preparación para unha vida de éxitos profesionais e aventuras para os nenos.
- Valorar o impacto na elección de estudos ou profesión cara ó futuro.
- Extraer conclusións acerca da situación actual e perspectivas de cambio.