Proposta de actividades de coeducación

Como xa comentamos, as prácticas coeducativas, a nivel xeral, axudarán á reversión da fenda de xénero en calquera ámbito, incluído o STEAM e forman parte dun proceso de reflexión que avanza cara a busca de ámbitos de actuación que detectamos como prioritarios. Deste xeito, neste último apartado da lección presentamos este recurso que pretendemos que sirva de inspiración para abordar temáticas coeducativas que impulsen a análise e a crítica dentro do proceso de ensino-aprendizaxe.

Primeiramente, establecemos obxectivos:

      • Promover relacións igualitarias para eliminar prexuízos, estereotipos e roles en función do sexo, para garantir posibilidades de desenvolvemento persoal integral segundo identidades e posibilidades e non a modelos impostos.
      • Desenvolver procesos de reflexión conxunta sobre a práctica educativa en igualdade e dende a diversidade.
      • Fomentar un proxecto de corresponsabilidade para impulsar a súa autonomía e afrontar as propias necesidades.

A continuación, establecemos ámbitos temáticos de actuación:

      • Autocoñecemento.
      • Igualdade de xénero.
      • Educación Inclusiva.
      • Corresponsabilidade.
      • Diversificación profesional

Preme e descubre a proposta de actividades:



Vostede completou o 50% da lección
50%