Estratexias de intervención e propostas

Como xa vimos anteriormente, os estereotipos e prexuízos de xénero interiorízanse en idades temperás e a fenda de xénero acentúase coa madurez, como ben amosa o coñecido teito de cristal.

Ademais, a educación formal, incluído o profesorado, e a informal xogan un papel destacado na permanencia ou eliminación da fenda de xénero, tamén no que respecta ao enfoque STEAM.

Tamén debe destacarse, tal e como o fan Mateos e Gómez (2019), que a aplicación do principio de igualdade e non discriminación non pode deixarse á vontade ou motivación persoal dos axentes que interveñen, nin é unha cuestión de sensibilidade, senón que se trata e aplicar e cumprir a lei (Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes). No seguinte interactivo, pódese acceder aos artigos de dita lei relacionados co ámbito educativo:


Tendo isto en conta, presentaremos a continuación algunhas das intervencións ou propostas recomendables dentro do ámbito educativo para a implantación dun enfoque STEAM sen sesgo de xénero:

      • Mellorar os desafíos a nivel de sistema educativo (introducir a perspectiva de xénero, materias de igualdade, fondos de coeducación, fortalecer os planes de estudio STEAM, aumentar as becas…).

      • Desenvolver actitudes positivas cara as disciplinas STEAM.

      • Promover a motivación e confianza das nenas e rapazas.

      • Desenvolvemento das capacidades do profesorado mediante formación específica tanto STEAM como de perspectiva de xénero.

      • Incrementar o número de docentes STEAM de sexo feminino.

      • Fortalecer as boas prácticas de ensinanza e promover un ambiente de aprendizaxe seguro e inclusivo.

      • Promover as aprendizaxes alén dos centros educativos, como xa vimos no bloque de “Apropiación de espazos. Rompendo os límites da aula”.

      • Eliminar os estereotipos e prexuízos de xénero dos materiais de aprendizaxe e aumentar a visibilidade feminina.

      • Emprego dunha linguaxe inclusiva.

      • Facilitar o acceso a orientación con perspectiva de xénero, ás actividades de mentorización e os programas de prácticas formativas en compañías STEAM.

      • Fomento dos xogos e xoguetes sen sesgo de xénero.

Evidentemente, calquera iniciativa xeral en materia de coeducación axudará a reverter os factores que inflúen na aplicación do enfoque STEAM dun xeito inclusivo e igualitario.

Xa que estas propostas poden parecer moi abstractas ou difíciles de levar á práctica, a continuación veremos algúns exemplos prácticos de como achegarnos a estas intervencións e a ferramentas que poden resultar inspiradoras. 

Vostede completou o 50% da lección
50%