21 de FEBREIRO - DIA DA LINGUA MATERNA
23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO NA EDUCACIÓN
O 21 de febreiro célebrase o día da lingua materna e o 23 de febreiro o día de Rosalia de Castro, por iso, do Equipo de Dinamización Linguística do noso centro, queremos que toda a comunidade educativa participe na votación para escoller a mellor versión musicada moderna dun poema de Rosalía de Castro.
Para iso so tedes que entrar aquí (ou escanear o QR que hai nos cartaces colgados pola escola), escoitar as instrucións, e comezar a ouvir e desfrutar das diversas propostas musicais con poemas de Rosalia. Para votar tedes que dar entre 1-10 puntos a cada unha delas.
Que gañe a que alcance máis puntos!

