Información
- Este procedimento permite ás persoas maiores de 18 anos obter o título de Graduado en Educación Secundaria mediante a superación das probas.
- Para acceder a estas probas non se require titulación previa.
- Celébranse dúas convocatorias cada ano, unha entre abril e maio e outra en xuño, anunciadas publicamente a través do D.O.G.
- A matrícula e o desenvolvimento das probas realízanse nos centros autorizados expresamente pola Consellería de Educación, como este mesmo EPA Eduardo Pondal.
Validez académica:
Expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que superen os tres ámbitos. Esta titulación permite:
- Cursar Formación Profesional de grao medio.
- Cursar Bacharelato.
- Acceder ao mundo laboral.
Horario e estructura das probas
Os prazos de matrícula e as datas dos exames dependen da convocatoria que cada ano se publica no DOG.
As probas organízanse nunha xornada en sesións de mañá e tarde:
| Sesións | Horario | Ámbito de Coñecimento |
| Mañá | 9,30 - 12,00 | CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO Áreas: Ciencias da natureza + Matemáticas + Tecnoloxía |
| 12,15- 13,15 | SOCIAL Áreas: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia + Cidadania + Música, Plástica e Visual | |
| Tarde | 16,00 - 19,00 | COMUNICACIÓN Áreas: Lingua Castelá e Literatura + Lingua Galega e Literatura + Lingua Estranxeira |
