Estas probas facilitan o acceso a os estudos correspondentes á Educación Primaria (EBI) ou á Educación Secundaria (ESA).
A realización destas probas ten como obxectivo avaliar a competencia curricular do alumnado para escoller a mellor ubicación nun determinado nivel favorecendo a posterior evolución académica. É un xeito de facilitar o acceso ao sistema educativo a quen non conte con documentación dos estudos previos realizados.
Lévanse a cabo catro convocatorias nos meses de setembro, outubro, xaneiro e marzo onde se avalian coñecementos e competencias das materias que posteriormente se cursarán na Educación Primaria ou na Secundaria.
Para saber máis poden contactar co Departamento de Orientación
