17 de Outubro dia internacional do patrimonio cultural imaterial

Ponte nas ondas celebra o dia internacional do patrimonio avisando das diferentes actividades en Compostela, Ourense e Valença. Podedes saber máis sobre as actividades de hoxe clicando aquí.
Tamén podedes visitar aqui as fotos do VII certame de fotografia en que colaborou o alumnado dos concellos de Laza, O Pereiro de Aguiar, Vigo, Ribeira, Santiago de Compostela, Foz, Ames, Cea, Marín, Noia, Salvaterra de Miño, Ponte Caldelas, Porto e Monção.
Ainda, podedes visitar tamén unha versión virtual do libro Memoria e patrimonio publicado por Ponte nas Ondas.
Para saber mais: pontenasondas.org
En novembro de 2023 a Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Imaterial. De acordo coa Convención para a Salvaguarda do Patrimonio Cultural Imaterial, enténdese por «patrimonio cultural imaterial» as prácticas, representacións, expresións, coñecementos e aptitudes, ben como os instrumentos, obxectos, artefactos e espazos culturais que lles están asociados, que as comunidades, os grupos e, sendo o caso, os individuos recoñezan como formando parte integrante do seu patrimonio cultural. Ese patrimonio cultural imaterial, transmitido de xeración en xeración, é constantemente recriado polas comunidades e grupos en función do seu medio, da súa interacción coa natureza e da súa historia, incutindolles un sentimento de identidade e de continuidade, contribuíndo, dese modo, para a promoción do respecto pola diversidade cultural e pola creatividade humana (Artigo 2º). Saiba máis sobre a Convención do Patrimonio Cultural Imaterial en: https://ich.unesco.org/en/ e sobre o día 17 de outubro e as actividades desenvolvidas en torno a esta efeméride en: https://ich.unesco.org/en/international-day-intangible-cultural-heritage.
